ARTE GREGA
A cidade non é só un obxecto de estudo importante das Ciencias Sociais, senón, sobre todo, un problema que ocupou e preocupado ós homes dende que estes decidiron asentarse formando agrupamentos estables. É obvio que os asentamentos humanos, ainda nas súas formas máis simples, requiren dun mínimo de acordos sociais para asegurar o equilibrio do grupo, e que da fraxilidade ou solidez de ditos acordos depende a estabilidade necesaria para a convivencia adecuada. Por esto, a cidade debe entenderse como un fenómeno vivo e permanente, íntimamente ligado á cultura coa que comparte a característica da complexidade, o que invita a acometer o seu estudo dende múltiples puntos de vista. Ocupáronse dela, entre outras disciplinas, a Historia, a Filosofía, a Xeografía, a Psicoloxía, o Arte, a Arquitectura, a Socioloxía, a Política, a Literatura, a Antropoloxía e, por suposto, o Dereito.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio