Definiciçons
Acrópole: É a parte da cidade construída nas zonas máis altas do relevo da rexión. A posición ten tanto valor simbólico, elevar e ennobrecer os valores humanos, como estratéxico, pois desde alí podía ser mellor defendida.
Ágora: Era a praza pública das cidades da Grecia antiga, servía de mercado e nela celebrábase a asemblea de cidadáns da pole. A máis famosa era a ágora de Atenas. Xurdiron trala caída da civilización micénica e no século -VII xa estaban totalmente consolidadas como o centro da vida pública.
Stoa: É unha das construccions máis sinxelas, un espacio arquitectónico de planta rectangular alargada, cuberto, conformado mediante unha sucesión de columnas, e muros laterais; solía formar parte de espacios públicos, como plazas, ximnasios e xardíns. Normalmente atopábase na ágora.
Palestra: a palestra era unha característica prominente da sociedade grega, o significado da competición atlética -e, por extensión, da beleza física- traducida á importancia do edificio en sí mesmo. O estatus do evento específico, a loita, realizado na palestra agregouse á importancia do edificio. A loita era un dos máis antigos e máis extensamente difundidos dos deportes do mundo grego.
Teatro: O teatro é a rama da arte escénico relacionada coa actuación, que representa historias frente a unha audiencia usando unha combinación de discursos, xestos, escenografía, música, sonido e espectáculo. E tamén o xénero literario que comprende as obras concebidas nun escenario, ante un público. O Día do Teatro celébrase o 27 de marzo.
Estadio: Estadio, na antiga Grecia, pista para carreiras pedestres en Olimpia, Delfos, Atenas, Epidauro e outros lugares onde se celebraban competicións atléticas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio